21 mar 2012

CONTAMINACIÓN DA ATMOSFERA

Este vídeo é chulísimo!!!! E ademais explica de maneira divertida cousas sobre a atmosfera e a contaminación nela.
VÉDEO!!!!
Nico

SISTEMA SOLAR

A ver se atopades vós máis cousiñas para ir engadindo aquí...

Sistema solar : información e actividades



 
Esta está moi ben, con curiosidades, vídeos, actividades...



Os satélites



Outra do Sistema Solar

15 mar 2012

OS TRABALLOS DE ARQUÍMEDES

Ola!!

A ver se alguén opina sobre a proposta do clube de lectura...

E agora vouvos facer outra: un xogo :-)

Quero que leades os traballos dos vosos compañeiros e que lle poñades unha nota. Para que non poidades ver como puntuaron os demais e lle deades un 1 como revancha (xa nos coñecemos...), mandádeme o correo a esta dirección: ceipcerdeirinhas@gmail.com


No asunto poñede o voso nome e despois as notas.

Tedes de prazo ata mañá á tarde. A ver como vos vai...

PRACTICADE!!!

DIVISIÓN POLA UNIDADE SEGUIDA DE CEROS

13 mar 2012

CLUBE DE LECTURA

Posto que hoxe case non nos vimos, vouvos facer unha proposta por escrito, que así tamén queda constancia ;-)

Dende a biblio queremos formar un clube de lectura, e como non, sodes os maiores os que tedes que comezar, a ver se logo o resto se vai contaxiando...
Cónstame que algúns e algunhas sodes moi e bos lectores, así que espero que aplaudades a iniciativa e nos botedes unha man para poñela en práctica.

Xa vos irei contando

A profe

8 mar 2012

Procesionaria del pino

A procesionaria do pino (Thaumetopoea pityocampa) é unha plaga común nos nosos bosques de pinos. As orugas posúen pelos urticantes que dispersan cando son molestadas producindo irritación na pel e mucosas.

Mira estes bichos, tan pequechos e perigosos...