24 oct 2013

O espantallo



O ESPANTALLO


Espantallo desfeitiño
pola choiva,
polo xeo,
non espante-los paxaros
que procuran
os teus beixos.

Espantapajaros gifs imagenes
Espantallo envellecido
polo orballo,
polo vento,
dálles calor os paxaros
que aterecen
nos invernos.

Espantallo consumido
pola pedra,
polo vento,
dime que os vas abeirar
para que
non teñan medo.

16 oct 2013

LINGUA GALEGA

Recursos Lingua Galega

14 oct 2013

O CORPO HUMANO

Pincha abaixo e aprende o nome dos ósos e dos músculos do corpo!